Back

Impulsa o teu negocio co
programa do Concello de Pontevedra.

Formacións gratuítas en
turismo e gastronomía

APUNTATE
Aprende, innova e medra coas
formacións do Concello de Pontevedra.

Transforma a túa paixón
en oportunidade

Apuntate

Dámoslle a benvida a Formación Gastro

Formación Gastro é un espazo desenvolvido polo Concello de Pontevedra no marco do Plan de Sostibilidade Turística no Destino (PSTD), con financiamento de NextGenerationEU e en paralelo co proxecto Pontevedra Capital Gastro. O seu obxectivo é fortalecer as competencias dixitais e gastronómicas do sector turístico local, dirixido a profesionais, emprendedores e axentes do sector interesados en mellorar a xestión dos seus negocios e a comunicación cos visitantes.

Formación para impulsar o turismo e a gastronomía en Pontevedra

Invítante a descubrir os nosos cursos presenciais e virtuais, deseñados para potenciar as túas habilidades no sector turístico e gastronómico. Podes consultar a calendarización de cada curso e elixir o que mellor se adapte a ti.

Aprende a comunicarte mellor cos teus clientes e a xestionar o teu negocio en liña.
Coñecer catálogo
Descubre técnicas de cociña moderna e impulsa o uso do produto local sostible.
Coñecer catálogo

Formación Gastro

Lugar:

Mercado de Abastos

Fecha:

Xoves 20 de novembro

Hora:

10:00h a 14:00h

IMPULSA O TEU NEGOCIO TURÍSTICO OU GASTRONÓMICO CON FORMACIÓN GRATUÍTA

Participa no programa Pontevedra Capital Gastro e forma parte dunha rede de profesionais que apostan pola innovación, a sustentabilidade e a excelencia na atención ao visitante.